O Programa de Doutoramento en Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento xorde como ferramenta docente e de investigación do Campus Auga, proxecto da Universidade de Vigo que conta co apoio da Xunta de Galicia e representa unha oportunidade para establecer no campus de Ourense un campus líder en temáticas da auga. No ano 2017 finalizou a construción do edificio sede do Campus Auga e alberga as actividades para desenvolver dentro do Programa de Doutoramento en Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento.
O edificio do Campus Auga dispón dunha zona para a sede corporativa, 12 despachos, 1 laboratorio de hidráulica, 1 centro de procesamiento de datos, 18 laboratorios especiais plenamente equipados, sala multiusos e 2 salas de reunións. Todas as zonas contan con cobertura wifi, o que permite ao estudantado acceder a recursos en liña dispoñibles nas ferramentas de teledocencia das que dispón a Universidade de Vigo, así como de sistemas de proxección multimedia.
Alén destas instalacións, o campus de Ourense dispón tamén dunha Planta Piloto no Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI), situado no Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense) de 800 m². Devandita planta ten un carácter mixto docente e investigador e dispón de equipamento e infraestruturas a escala piloto. Así mesmo, a Universidade de Vigo ten asinado un convenio marco de colaboración coa fundación Centro Tecnolóxico da Carne e da Calidade Alimentaria, situado no Parque Tecnolóxico de Galicia, que dispón dunha planta piloto para a elaboración de produtos alimentarios.
Finalmente o campus de Ourense dispón alén dun invernadoiro e dunha leira de prácticas no campus universitario.
Dado que os grupos de investigación que participan no programa de doutoramento pertencen a todas as facultades e escolas do campus de Ourense, para o desenvolvemento do programa tamén contamos coas seguintes instalacións:
- A Escola de Enxeñaría Informática dispón no Edificio Politécnico dun Salón de Actos, unha Aula Magna, 6 aulas para docencia presencial, 12 laboratorios de informática de 25 postos cada un, 1 laboratorio AUTOM, 1 laboratorio ELECTR, 1 laboratorio de libre acceso, 4 seminarios, 1 sala de estudo e unha sala de reunións.
- A Facultade de Ciencias dispón no Edificio Politécnico dun Salón de Actos, unha Aula Magna, 14 aulas para docencia presencial (2 delas teñen unha capacidade de 140 alumnos e 12 delas teñen unha capacidade de 54 alumnos), 2 Aulas de Informática de 24 postos cada unha onde se imparte a docencia que require un soporte informático específico que fóra dos períodos docentes atópanse en réxime de libre acceso, facilitando ao estudantado o uso dos recursos correspondentes, 10 laboratorios docentes para docencia práctica, e outros 10 laboratorios de investigación das áreas de coñecemento implicadas.
- A Escola de Enxeñería Aeronaútica e do Espazo dispón no Pavillón 3 de 13 laboratorios, 1 Laboratorio de Informática, 2 aulas de Informática de 25 postos cada unha e 3 seminarios.
- A Facultade de Historia dispón no Edificio de Facultades dunha Aula multiusos, 1 Salón de Graos, 5 aulas para docencia presencial (4 cunha capacidade de 64 alumnos e 1 con capacidade de 104 alumnos), 1 aula de informática (de 10 postos), 1 sala de estudos, 1 aula de Doutoramento onde se imparte a docencia que require un soporte informático específico e un total de 6 laboratorios.
- A Facultade de Educación e Traballo Social dispón no Edificio de Facultades e os pavillóns do campus de Ourense dunha aula multiusos, 1 Salón de Graos, 24 aulas para docencia presencial, 4 laboratorios, 1 laboratorio de audiovisuais, 1 laboratorio de novas tecnoloxías, 1 laboratorio de Informática, 1 laboratorio de idiomas, 1 aula de plástica, 1 aula de música, 2 salas de audiovisuais e 1 aula de informática de libre acceso.
- A Facultade de Dereito dispón no Edificio Xurídico-Empresarial de Aula magna, un Salón de Graos, 8 aulas para docencia presencial (6 destas aulas teñen unha capacidade de ao redor de 110 alumnos e 2 unha capacidade de 104 alumnos), 1 aula de informática de 34 postos, 2 laboratorios de informática, 3 seminarios, 1 sala de videoconferencias, 1 sala de estudos e 1 aula de posgraos.
- A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo dispón no Edificio Xurídico-Empresarial dunha Aula Magna, un Salón de Graos, 10 aulas para docencia presencial, 1 Laboratorio multimedia, 8 laboratorios / seminarios de Informática e 3 seminarios.
Finalmente a Biblioteca Central do campus de Ourense conta con edificio propio e é un servizo xeral accesible para todo o estudantado, profesorado e persoal investigador ou da Universidade de Vigo. O seu obxectivo é xestionar e poñer ao dispor da comunidade universitaria un conxunto de recursos e servizos de información como apoio ás súas actividades de aprendizaxe, docencia e investigación. Entre outros servizos ofrece:
- Salas de lectura para a consulta das coleccións da biblioteca e para o estudo e a investigación, dotadas de equipamentos informáticos e rede sen fíos.
- Equipos para a reprodución de documentos respectando a lexislación de propiedade intelectual.
- Un catálogo de fondos bibliográficos accesible na internet que permite localizar as obras e recursos integrados nas coleccións, suxerir a compra de novos títulos, renovar préstamos e buscar a bibliografía recomendada nos programas docentes.
- Consulta remota aos recursos electrónicos contratados pola biblioteca: bases de datos, revistas electrónicas, libros electrónicos, ou portais da internet.
Desde o catálogo da Biblioteca Universitaria localízanse tamén os recursos bibliográficos das outras bibliotecas universitarias galegas (Universidades de Santiago de Compostela e A Coruña) así como doutras bibliotecas galegas, españolas e estranxeiras que se poden consultar ou obter a través dos servizos de préstamo interbibliotecario. Dentro da política de alianzas e cooperación no ámbito bibliotecario, a Biblioteca da Universidade de Vigo é membro activo do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (BUGALICIA) e está integrada na Rede REBIUN. Conta coa certificación do sistema de xestión de calidade ISO 9001:2000, outorgado pola firma DNV a finais do ano 2006, e é periodicamente auditada para manter os requisitos do sistema a que obriga a norma ISO.
As instalacións cumpren cos requisitos de accesibilidade que marca a normativa vixente. Regularmente avalíase a accesibilidade dos mesmos para persoas discapacitadas e todos os anos revísanse e eméndanse as posibles incidencias ao respecto en colaboración coa vicerreitoría correspondente e a Unidade Técnica do campus de Ourense.